Alessandro Barico é un escritor italiano que fundou e dirixe a Scuola Holden para futuros escritores. Dela xurdiu a iniciativa de salvar historias en perigo de extinción. Uns salvan animais; a Scuola Holden salva historias da literatura universal nun proxecto chamado "Save the Story". Pretenden dar a coñecer os clásicos aos nenos pero a calidade dos textos permite que chegue, como as boas obras, a todo tipo de lectores: maiores e pequenos. Nós temos na biblioteca o 'Cyrano de Bergerac' de Rostand, re-narrado por Gianni Benni. Máis adiante procuraremos traer o resto da colección que nos achega outros clásicos a través da voz de Umberto Eco, Alessandro Barico ou Andrea Camilleri.
Buscar neste blog
30 nov 2012
19 nov 2012
Dúas novidades

9 nov 2012
Outono da Ciencia
Novembro non é só o mes da mata, dos magostos e do Samaín. Tamén é, dende hai unha década, o mes da ciencia e, dende hai tres anos, o mes da ciencia e da tecnoloxía en galego.
No ano 2001, a UNESCO decidiu declarar o 10 de Santos como Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento coa finalidade de promover a utilización responsable da ciencia en beneficio das sociedades e, nomeadamente, na erradicación da pobreza e a prol da seguridade humana. Tamén persegue unha maior conciencia social da importancia da ciencia e reducir a fenda existente entre a ciencia e a sociedade.
Fai clic sobre a imaxe
Suscribirse a:
Entradas (Atom)