Buscar neste blog

18 dic 2013

Felices lecturas en Nadal


A piques de rematar o primeiro trimestre, queremos desexarvos unhas boas vacacións e unhas felices lecturas en Nadal. Aproveitade o voso tempo libre para disfrutar dos libros.

11 dic 2013

Chega a revista OINK!


Temos na biblioteca o exemplar de decembro da revista OINK, a revista do XABARÍN CLUB, con reportaxes, cómics, pasatempos, e con grandes ilustradores e guionistas como Miguelanxo Prado, Kiko da Silva, Miguel Porto, Marilar Aleixandre, Andrés Meixide e moitos outros.

27 nov 2013

Culturgal




Nesta vindeira fin de semana vaise desenvolver no Pazo da Cultura de Pontevedra Culturgal, a Feira das Industrias Culturais, a gran casa da cultura galega. Culturgal é un espazo de encontro, unha oportunidade e unha ferramenta. Un punto de encontro no que o sector da cultura amosa a súa forza de conxunto e no que se produce un rico diálogo e intercambio de ideas. Unha oportunidade para amosar novos proxectos e iniciativas ante outras empresas, programadores, institucións e público en xeral, nun escaparate excepcional.
Fai clic sobre a foto de abaixo para consultar a programación da Feira.

Programación Culturgal

Presentación do libro "Vida de nai"

Hai uns días foi presentada na libraría Paz a novela gráfica "Vida de nai", da autora Gemma Sesar, quen amablemente respondeu a todas as preguntas acerca da súa obra e de como xurdiu o proxecto. O cómic reflicte as súas memorias e o xeito no que os seus fillos tinguen a súa realidade de alegría e esperanza. Unha critica do cruel panorama actual e unha mostra do esforzo que as nais han de facer para sacar a familia adiante, sempre cun toque humorístico que fai esta obra aínda máis recomendable.

24 oct 2013

Día da biblioteca 2013. "Ler ciencia na biblioteca escolar"

O 24 de outubro conmemórase o Día da Biblioteca. Que mellor data para retomar a actividade do noso blog! O lema elixido para este ano é "Ler ciencia na biblioteca escolar". Trátase de lembrar a todos os usuarios a importancia da lectura de textos, divulgativos ou literarios, que traten temas relacionados coa ciencia.


Na nosa biblioteca fomos renovando nos últimos anos os libros dedicados a estes temas. Deixamos aquí unha pequena mostra.