Buscar neste blog

12 mar 2020

VÍDEO 8M DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O equipo da Biblioteca e o de Dinamización Lingüística do IES Valle Inclán realizaron este vídeo con alumnado de 4º de ESO e 1º e 2º de Bacharelato para conmemorar o 8M, día Internacional da Muller. 

3 mar 2020

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2020 "ERRANTES POLO MUNDO"

O pasado luns 24 de febreiro celebrouse o día de Rosalía de Castro, para conmemorar esta data o alumnado do Centro realizou unha actividade voluntaria coordinada polos Equipos de Biblioteca e de Dinamización Lingüística que consistiu en facer visible o problema da inmigración co lema "Errantes polo mundo", frase presente no seu poemario "Follas Novas". Pincha na imaxe para ver todas as fotografías.