Buscar neste blog

18 oct 2018

CELEBRACIÓN DÍA MUNDIAL DA ERRADICACIÓN DA POBREZA

A biblioteca do IES Valle Inclán, na celebración do Día Mundial da Erradicación da Pobreza (17 de Outubro), decidiu colaborar coa Asociación Boa Vida de Pontevedra para dar a coñecer o traballo que leva a cabo e que ten que ver coa mellora das condicións de vida dos mais desfavorecidos da nosa sociedade. Para iso expóñense, durante estas dúas últimas semanas do mes, diferentes carteis e trípticos que achegan información sobre a mesma. Na seguinte ligazón tedes a páxina de facebook da asociación na que se poden ver algunhas fotos feitas na biblioteca.




11 oct 2018

BENVIDA BIBLIO 2018-2019-LIBROS NOVA ADQUISICIÓN

Benvidos á biblioteca do do IES Valle Inclán. Comezamos o curso 2018-2019. Aquí tedes os libros de nova adquisición deste trimestre. As portas están abertas, agardámosvos.