Buscar neste blog
11 mar 2014
10 mar 2014
Día de Rosalía
O 24 de febreiro o alumnado do IES Valle Inclán de Pontevedra celebrou o
Día de Rosalía sumándose á proposta da Asociación de Escritores en
Lingua Galega. Tres alumnas: Sara Blanco, Laura Nores e Alexandra Otero
participaron no proxecto "Graffitti Rosalía" e adornaron os corredores
do centro cos versos da poeta. Ademais, grupos de ESO e Bacharelato estiveron
na biblioteca ao longo da mañá recitando os poemas que prepararan nos
días anteriores. Tamén puidemos ver unha presentación sobre a vida e a
obra de Rosalía elaborada por Charo Valcárcel. Esperamos convertir esta
celebración nunha cita inexcusable todos os anos. Rosalía sempre!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)