Buscar neste blog

17 nov 2016

EXPOSICIÓN NA BIBLIOTECA DEBUXOS 1º ESO ANO CASTELAO

Con motivo da celebración do Ano Castelao este curso pasado (2015-2016), un grupo de alumnos e alumnas de 1º ESO realizaron baixo a supervisión da súa profesora de Educación Plástica e Visual, varios debuxos nos que versionaban, dende unha óptica actual, a diferentes obras de Castelao. Pincha na imaxe para ver as fotografías.

 Exposición debuxos 1ºESO Ano Castelao






MES DA CIENCIA NOVEMBRO 2016

No Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas, presentamos unha guía de libros sobre ciencia (a maioría están en castelán).  Podedes pasar pola biblioteca e botarlles unha ollada. Están a vosa disposición na mesa central. Pincha na imaxe para ver as portadas.

 Mes da Ciencia

29 sept 2016

Benvida da biblioteca curso 2016-2017


Benvidos á biblioteca do IES Valle Inclán no curso 2016-2017. Mil marabillosas aventuras espéranvos a través dos libros. Veña entrade!.

3 may 2016

VÍDEO SOBRE MANUEL MARÍA ESCRITOR HOMENAXEADO NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Vídeo realizado pola profesora de Lingua e Literatura Galega Rosario Valcárcel Mato sobre o escritor Manuel María (homenaxeado Día das Letras Galegas 2016) coa biografía, poemas soltos e lectura do propio poeta dalgúns dos seus versos.

CONFERENCIA DA POETISA EVA VEIGA AO ALUMNADO DE 1º DE BACHARELATO DE HUMANIDADES

Aproveitando a Pontepoética organizada polo Concello e o Ateneo de Pontevedra, o alumnado de 1º de Bacharelato de Humanidades tivo a sorte de ter un encontro na biblioteca do Centro coa poetisa Eva Veiga (entre moitas cousas foi a gañadora do Premio de Poesía da Asociación de escritores e escritoras en Lingua Galega no ano 2015 pola súa obra A distancia do tambor. Estivo acompañada polo pintor pontevedrés Antón Sobral.

1 mar 2016

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O pasado 24 de febreiro con motivo do día de Rosalía de Castro (data de nacemento da escritora) os alumnos Guillermo Meijón de 1ºBach A, Beatriz Pais e María Paz de 1ºBach C leen poemas de Cantares Galegos nunha actividade organizada pola Biblioteca e o departamento de Lingua Galega.