O vindeiro sábado 25 de novembro celébrase o día internacional da eliminación da violencia contra a muller. Unha lacra que segue cobrando víctimas día tras día. O profesor de Debuxo Isidro Cortizo elaborou uns carteis que aquí amosamos para expoñer un panel na entrada do Centro en colaboración coa biblioteca e o departamento de Normalización.
Buscar neste blog
23 nov 2017
20 nov 2017
MES DA CIENCIA NOVEMBRO 2017
Estamos no mes da Ciencia. Pincha na imaxe para ver algúns dos libros da biblioteca que están a túa disposición e que te permitirán disfrutar deste marabilloso campo.
2 jun 2017
CONCURSO DE DESEÑO DE CAMISETAS
Este curso convocouse o concurso organizado polo Departamento de Normalización Lingüística e a biblioteca co tema de "Deseña a túa camiseta". O obxectivo era deseñar unha camiseta na que se promovera o uso da lingua Galega. Concedeuse un primeiro premio a Carla Gutiérrez Arias de 2º ESO D por este deseño:
e dous segundos premios a Eva Lago Cobas de 2º ESO B e a Athina Anasis Agra de 1º ESO D por estas camisetas:
Noraboa a todos os participantes e felicitar ás gañadoras pola realización destas camisetas que non desmerecen nada respecto ás que se venden nos comercios habituais deste tipo de produtos.
26 may 2017
LECTURAS DE MOCIDADE (3ª PARTE) LIBROS QUE MARCARON A VIDA DOS PROFESORES DO VALLE
Como todos os anos algúns profesores amósanos que libros marcáronlle na súa mocidade e na súa vida, este ano son a profesora de Latín María Álvarez, o profesor de Língua Galega Francisco Godón e a profesora de Francés Leonor Rodríguez.
18 may 2017
LETRAS GALEGAS 2017 HOMENAXE AO ESCRITOR CARLOS CASARES
O pasado martes tres alumnos de 4º de ESO B: Carlos Rodríguez Fernández, Alejandro Aboy Ruibal e Sabela Méndez Cazorro, leron na biblioteca do Centro textos do libro Vento Ferido do escritor Carlos Casares, co gallo da súa homenaxe por mor do día das letras galegas.
23 abr 2017
DÍA DO LIBRO 2017: PORQUE NON PAREI DE LER ATA REMATALO
Para conmemorar a celebración do día do libro, 23 de
abril, o coordinador da biblioteca,
coa colaboración dos profesores Fran Godón e Charo
Valcárcel de Língua Galega e Daniel Mejuto de Língua Castelá, preguntaron a
unha serie de grupos de forma aleatoria de 1º e 4º de ESO, cales
eran os seus libros favoritos lidos ata agora. Aquí tedes os resultados. No
hai nomes porque podedes ser calqueira de vos, alumnos do centro.
Non podíamos poñer todos. Están os libros que máis votos recibiron. Tamén aparecen algunhas das razóns que dades de porque vos gustaron estes libros.
Aquí está a lista dos vosos libros favoritos.
Libros elixidos polos alumnos de 1ºESO:
<<El principe de la Niebla>> de
Carlos Ruíz Zafón
<<La noche más oscura>> de Gena
Showalter
<<El Hobbit>> de J.R.R. Tolkien
<<Quando Hitler roubou o conexo rosa>>
de Judith Kerr
Libros elixidos polos alumnos de
4ºESO:
<<El niño con
el pijama de rayas>> de John Boyne
<<Diario de Ana
Frank>> de Ana Frank
<<Percy Jackson
y los dioses del Olimpo (saga)>> de Rick Riordan
<<Cazadores de
sombras (saga)>> de Cassandra Clare
<<Juego de
tronos (saga)>> de George R.R. Martin
<<Memorias de
Idhúm (saga)>> de Laura Gallego
<<Unha estrela
no vento>>. De Ledicia Costas
<<Bajo la misma
estrella>> de John Green
<<The black Cat>> de Edgar Allan
Poe
Alumnado de 1º de ESO. Por que me gustou este libro?
<<El Hobbit>> de J.R.R. Tolkien é a
miña obra literaria favorita porque cando a estaba lendo so tiña tempo para ver
10 páxinas ao día. E cada día tiña aínda máis ganas ata que un día tiven que
estar todo o día na cama porque estiven enfermo e puiden lelo por completo.
<<La escuela del bien y el mal>> de
Soman Chainani. Este libro é o meu
favorito debido a que abriume as portas ás grandes obras literarias.
<<Donde los árboles cantan>> de
Laura Gallego. Elixín esta novela porque
xunta moitas emocións: amor, traición, tristeza...É unha historia preciosa;
emocioneime moito cando a lin.
<<El príncipe de la Niebla>> de
Carlos Ruíz Zafón. Representa a
inquietude e a maxia da vida, o bruto e manipulador que é o ser humano, e da
vida despois da morte. Dos pensamentos abundantes que pode haber na mente e que
nos cremos neles, que nos atormentan sen expresalos.
<<Un monstruo viene a verme>> de
Patrick Ness. Foi o libro que máis me
gustou, porque fala da historia dun neno que lle morre a nai e fanlle bullying
no colexio e é unha historia moi triste.
Alumnado de 4º de ESO. Por que me gustou este libro?
<<Las trece
vidas y media del capitán osoazul>> de Walter Moers. Este libro gustoume porque combina un mundo ficticio, fantástico e decadente cunha obra de
aventuras. É largo, ten moitas historias, personaxes e lugares que
constantemente che sorprenden e ten descripcións largas e entretidas.
<<Cazadores de
sombras>> de Cassandra Clare. Gustoume, porque en todo momento
transcurren acontecementos que dan a volta a toda a trama, polo que hai que estar moi atento e a o largo do libro expresanse moitos sentimentos e o libro é o último da saga e ol final é moi inesperado.
<<El Principito>>
de Antoine de Saint-Exupery. É un libro pequeno pero lo leeríao sen parar unha e outra vez porque sempre me deixame unha sensación preciosa.
<<Casi sin
querer>> de José A. Gómez Iglesias. É o meu libro favorito xa que me
sinto identificada con moitos dos seus poemas e textos.
<<El arte de
ser normal>> de Lisa Williamsom. É o libro que máis rápido lín ata agora. Está escrito cunha delicadeza e simpleza increíble. Trata a literatura LGBT dunha forma única. Moi recomendable.
<< Las memorias
de Idhúm (saga)>> de Laura Gallego. Gustoume pola forma na que
se describe aos personaxes, física e psicoloxicamente. A personalidade que
posúe cada un e os lugares fantásticos onde transcurre a historia.
Para rematar temos este fermoso poema de Rosalía Fernández Rial sobre o libro e a lectura que adica ás Bibliotecas escolares de Galicia.
5 mar 2017
MANIQUÍ HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO
O pasado venres 24 de Febreiro conmemorouse o día de Rosalía de Castro co gallo do 180 aniversario do seu nacemento. O alumnado de 4ºESO A, coordinados polos profesores Charo Valcárcel, Ana Santos e Javier Domínguez realizaron este maniquí na biblioteca do centro en homenaxe á nosa escritora.
4 mar 2017
20 feb 2017
DÍA MUNDIAL DA RADIO
O pasado 13 de febreiro conmemorouse o día mundial da radio co lema A radio es ti!. A alumna Alicia Moreira Bahamonde de 4ºESO B e os alumnos Andrés Ángulo Rodríguez, Andrés Domingo Barreiro e Roberto de la Iglesia Rodríguez de 4ºESO A amosáronos neste vídeo que é a radio para eles.
14 feb 2017
Suscribirse a:
Entradas (Atom)