Buscar neste blog

23 abr 2017

DÍA DO LIBRO 2017: PORQUE NON PAREI DE LER ATA REMATALO


Para conmemorar a celebración do día do libro, 23 de abril,  o coordinador da biblioteca, coa colaboración dos profesores Fran Godón e Charo Valcárcel de Língua Galega e Daniel Mejuto de Língua Castelá, preguntaron a unha serie de grupos de forma aleatoria de 1º e 4º de  ESO, cales eran os seus libros favoritos lidos ata agora. Aquí tedes os resultados. No hai nomes porque podedes ser calqueira de vos, alumnos do centro. 
Non podíamos poñer todos. Están os libros que máis votos recibiron. Tamén aparecen algunhas das razóns que dades de porque vos gustaron estes libros.

Aquí está a lista dos vosos libros favoritos.

Libros elixidos polos alumnos de 1ºESO:

<<El principe de la Niebla>> de Carlos Ruíz Zafón
<<La noche más oscura>> de Gena Showalter
<<El Hobbit>> de J.R.R. Tolkien
<<Quando Hitler roubou o conexo rosa>> de Judith Kerr

 Libros elixidos polos alumnos de 4ºESO:

<<El niño con el pijama de rayas>> de John Boyne
<<Diario de Ana Frank>> de Ana Frank
<<Percy Jackson y los dioses del Olimpo (saga)>> de Rick Riordan
<<Cazadores de sombras (saga)>> de Cassandra Clare
<<Juego de tronos (saga)>> de George R.R. Martin
<<Memorias de Idhúm (saga)>> de Laura Gallego
<<Unha estrela no vento>>. De Ledicia Costas
<<Bajo la misma estrella>> de John Green
<<The black Cat>> de Edgar Allan Poe

Alumnado de 1º de ESO. Por que me gustou este libro?


<<El Hobbit>> de J.R.R. Tolkien é a miña obra literaria favorita porque cando a estaba lendo so tiña tempo para ver 10 páxinas ao día. E cada día tiña aínda máis ganas ata que un día tiven que estar todo o día na cama porque estiven enfermo e puiden lelo por completo.


<<La escuela del bien y el mal>> de Soman Chainani.  Este libro é o meu favorito debido a que abriume as portas ás grandes obras literarias.


<<Donde los árboles cantan>> de Laura Gallego.  Elixín esta novela porque xunta moitas emocións: amor, traición, tristeza...É unha historia preciosa; emocioneime moito cando a lin.


<<El príncipe de la Niebla>> de Carlos Ruíz Zafón.  Representa a inquietude e a maxia da vida, o bruto e manipulador que é o ser humano, e da vida despois da morte. Dos pensamentos abundantes que pode haber na mente e que nos cremos neles, que nos atormentan sen expresalos.


<<Un monstruo viene a verme>> de Patrick Ness.  Foi o libro que máis me gustou, porque fala da historia dun neno que lle morre a nai e  fanlle bullying no colexio e é unha historia moi triste.

Alumnado de 4º de ESO. Por que me gustou este libro?


<<Las trece vidas y media del capitán osoazul>> de Walter Moers. Este libro gustoume porque combina un mundo ficticio, fantástico e decadente cunha obra de aventuras. É largo, ten moitas historias, personaxes e lugares que constantemente che sorprenden e ten descripcións largas e entretidas.


<<Cazadores de sombras>> de Cassandra Clare. Gustoume, porque en todo momento transcurren acontecementos que dan a volta a toda a trama, polo que hai que estar moi atento e a o largo do libro  expresanse moitos sentimentos e o libro é o último da saga e ol final é moi inesperado.


<<El Principito>> de Antoine de Saint-Exupery. É un libro pequeno pero lo leeríao sen parar unha e outra vez porque sempre me deixame unha sensación preciosa.


<<Casi sin querer>> de José A. Gómez Iglesias. É o meu libro favorito xa que me sinto identificada con moitos dos seus poemas e textos.

<<El mundo invisible de Hayao Miyazaki>> de Laura Montero. Porque non parei del lelo ata acabalo. 

<<El arte de ser normal>> de Lisa Williamsom. É o libro que máis rápido lín ata agora. Está escrito cunha delicadeza e simpleza increíble. Trata a literatura LGBT dunha forma única. Moi recomendable.


<< Las memorias de Idhúm (saga)>> de Laura Gallego. Gustoume pola forma na que se describe aos personaxes, física e psicoloxicamente. A personalidade que posúe cada un e os lugares fantásticos onde transcurre a historia.

Para rematar temos este fermoso poema de Rosalía Fernández Rial sobre o libro e a lectura que adica ás Bibliotecas escolares de Galicia.