Buscar neste blog

23 abr 2018

DÍA DO LIBRO 2018

Para conmemorar a celebración do día do libro, 23 de abril,  o coordinador da biblioteca, contando coa inestimable colaboración dos profesores Daniel Mejuto de Lingua Castelá, Mª Dores Vilasó de Lingua Galega e Raquel Covacho de Lingua Galega e Coordinadora de Normalización, preguntaron ao alumnado dunha serie de grupos escollidos de forma aleatoria de 1º, 2º e 4º de ESO e 1º de Bacharelato, cales eran os seus libros favoritos lidos ata a data. Aquí tedes os resultados. Non hai nomes porque podedes ser calquera de vós. 

Non podiamos pór todos. Están os libros que máis votos recibiron. Tamén aparecen algunhas das razóns que dades de porque vos gustaron estes libros.

Aí vai a lista dos vosos libros favoritos.

Libros elixidos polos alumnos de 1º e 2º da ESO

<<Harry Potter, (saga)>> de J.K. Rolling
<<Los juegos del hambre (triloxía)>> de Suzanne Collins
<<Bajo la misma estrella>> de John Green
<<Percy Jackson y el ladrón del rayo>> de Rick Riordan
<<Diario de Greg>> de Jeff Kinney
<<El Hobbit>> de J.R.R. Tolkien
<<As crónicas Kane (triloxía)>> de Rick Riordan
<<Dónde los árboles cantan>> de Laura Gallego
<<Hay un chico en el baño de las chicas>> de Louis Sachar
<<Wonder, la lección de August>> de R. J. Palacio
<<El sabueso de los Baskerville>> de Arthur Conan Doyle
<<El señor de los anillos>> de J.R.R. Tolkien
<<El fin del mundo puede esperar>> de Makiman
<<Un monstruo viene a verme>> de Patrick Ness
<<La increíble historia de la abuela Gánster>>  de David Wallians
<<Un puñado de miedos>> de Concha López
<<La noche más oscura>> de Ana Alcolea

 Libros elixidos polos alumnos de 4º de ESO e 1º de Bacharelato

<<Diario de Ana Frank>> de Ana Frank
<<La cometa de Noah>> de Rafael Salmerón López
<<Cazadores de sombras (saga)>> de Cassandra Clare
<<Memorias dun neno labrego>> de Xosé Neira Vilas
<<Donde los árboles cantan>> de Laura Gallego
<<El retrato de Carlota>> de Ana Alcolea
<<El misterio de la guía de ferrocarriles>> de Agatha Christie
<<Doctor Jekyll y mister Hyde>> de Robert Louis Stevenson
<<El Prisionero de Spandau>> de Greg Iles
<<O único que queda é o amor>> de Agustín Fernández Paz
<<A Cabeza de medusa>> de Marilar Aleixandre
<<Tristes armas>> de Marina Mayoral
<<El Señor de los Anillos>> de J.RR. Tolkien
<<Confesiones del estafador Felix Krull>> de Thomas Mann
<<El secreto de mi madre>> de Jenny L. Witterick
<<El retrato de Dorian Gray>> de Oscar Wide
<<El misterioso incidente del perro a medianoche>> de Mark Haddon
<<Las siete muertes del gato>> de Alfredo Gómez Cerda

Alumnado de 1º e 2º de ESO. Por que me gustou este libro?

<<Las crónicas de Kane>> de Rick Riordan. É unha triloxía que trata a mitoloxía exipcia. Os personaxes teñen unha historia de aventuras/maxia, que che engancha ata a última frase. Faiche rir, chorar e sentir o que senten as personaxes.

<<Bajo la misma estrella>> de John Green. Gustoume moitísimo, porque, o meu parecer, é unha historia preciosa chea de realidade e sentimento, que explica a triste realidade dunha nena con cancro, pero que non por iso deprímese.


<<Un puñado de miedos>> de Concha López. É un libro que me gustou moito xa que nos pode facer superar moitos medos que nunca poderiamos superar e recomendariallo a moita xente.



<<Cartas de amor a los muertos>> de Ava Dellaira. Este libro encantoume, xa que ademais de ter unha historia preciosa, cun final do mais triste, fai que sintas o mesmo que a desgraciada protagonista.



<<Wonder, la lección de August>> de R. J. Palacio. É unha historia de superación e de reflexión, moi ben escrita e moi emotiva. Consegue transmitir os sentimentos do protagonista dende o minuto 1.

<<Wonder, la lección de August>> de R. J. Palacio. Trata sobre unha proba de superación por parte dun personaxe que non é como os demais. Transmite os sentimentos da persoa en todo momento e date a pensar as cousas antes de dicilas.


<<Un monstruo viene a verme>> de Patrick Ness. Este libro demostroume que aínda que no teñas amigos e a túa familia teña unha enfermidade podes ser feliz, como o neno da historia.



<<Mil veces hasta sempre>> de John Green. Gustoume porque síntome identificada coa protagonista. Tamén porque encántame o autor e como escribe. O libro é moi emocionante e fai que sintas moitas cousas.




<<Los dioses también aman>> de Celopan. É a historia dunha rapaza, Alma, a cal namórase dun deus. A historia é unha novela romántica e de fantasía moi bonita. A min non me adoitan gustar as cousas románticas, pero esta é unha excepción. Encántame como está escrita, o vocabulario... pero sobre todo os poemas que hai ao longo do libro, parécenme preciosos.



<<Hello Goodbye>> de Roberto Vivero. Trata sobre un adolescente deprimido polo suicidio dun compañeiro, e grazas a súa prima é capaz de sacar gañas para dicirlle adeus a o seu compañeiro e ola ao seu recordo.


  
Alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato. Por que me gustou este libro?

<<La cometa de Noah>> de Rafael Salmerón López. Lino hai dous anos e aínda sigo realmente tocada. A representación do autismo durante a Segunda Guerra Mundial e ver como os familiares enfrontábanse á guerra e enfermidade conseguen que o final aínda agora sáqueme bágoas.



<<Cazadores de sombras>> de Cassandra Clare. Unha Saga que deixa bastante a sorprender. Combina un mundo de fantasía coa normalización de moitas cousas como a homosexualidade, facendo que calquera que lea a saga senta aceptado.



<<Donde los árboles cantan>> de Laura Gallego. Lino o ano pasado recomendado por unha amiga e ao principio non me parecía bo libro pero, cando empecei a lelo lino nun fin de semana pola paixón e a aventura do libro


<<El misterio de la guía de ferrocarriles>> de Agatha Christie. Libro voluntario de Lingua Castelá. É sinxelamente xenial. Estás todos os capítulos en tensión temendo o que vai suceder. Pero ao final é extremadamente sorprendente e apaixonante.



<<El señor de los anillos>> de J.RR. Tolkien. Encantoume desde moi pequeno, o libro marcoume. Influíu enormemente na miña personalidade. Cando estaba en casa, non podía facer máis nada que lelo. E as películas son obras de arte. A bso é perfecta, os planos impresionantes e aínda que sexan 13 horas, fáiseme curta.



<<Confesiones del estafador Felix Krull>> de Thomas Mann. Magnífica obra  literaria do século XX que narra as desventuras e experiencias dun home, desde a súa infancia ata a súa vida adulta. A súa lectura cativoume desde o primeiro momento polo modo tan sincero en que se contan os feitos.



<< Memorias dun neno labrego>> de Xosé Neira Vilas. Lino o ano pasado e foi un dos libros obrigatorios que verdadeiramente me encantou. Este libro fai que pense como se vivía en Galicia antigamente.