Buscar neste blog

18 dic 2019

AS ALUMNAS DE 1º DE BACHARELATO BEATRIZ GARCÍA GALLEGO E CANDELA RODRÍGUEZ BESADA GAÑADORAS DO 1º CERTAME DE MICRORRELATOS "BOLBORETAS"

As alumnas de 1º de Bacharelato Beatriz García Gallego (1º Premio) e Candela Rodríguez Besada (2ºPremio) son as gañadoras do I Certame de Microrrelatos "Bolboretas" organizado polo Equipo da Biblioteca e o de Dinamización Lingüística do Centro. O pasado xoves 5 de decembro recibiron os seus premios de mans da Xefa de Departamento de Lingua Galega Charo Valcárcel. Na parte inferior tedes todos os textos presentados.



21 nov 2019

I CERTAME DE MICRORELATOS "BOLBORETAS"


Este ano, na celebración do 25 de novembro, comezamos no Valle Inclán a homenaxe ás IRMÁS MIRABAL , torturadas, violadas e asasinadas na República Dominicana o 25 de novembro de 1960 por formar parte da Agrupación política 14 de xuño, grupo de oposición ao réxime ditatorial de Trujillo , dentro do cal eran coñecidas como "As Bolboretas"por iso o seu asasinato pasou á historia como o CRIME DAS BOLBORETAS e deu lugar á celebración do DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
En honor a elas, quixemos que o certame de microrrelato, que se convoca por primeira vez levase o seu nome. Tedes as bases do concurso na imaxe seguinte.


7 nov 2019

MES DA CIENCIA EN GALEGO 2019



Como todos os anos a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria conmemora no mes de novembro o mes da ciencia en galego nas bibliotecas escolares. Pincha na imaxe seguinte para ver algún dos libros relacionados coa ciencia e a tecnoloxía que podes ler e levar da biblioteca do Instituto. Tamén na ligazón de texto inferior tedes o manifesto escrito polo coñecido investigador, profesor universitario e divulgador científico Ángel Carracedo en relación con esta celebración.


Manifesto de Ángel Carracedo celebración do mes da ciencia en galego nas bibliotecas

8 oct 2019

SEMANA DO ESPACIO

Do 4 ao 10 de outubro conmemórase a semana mundial do espacio. Na biblioteca tes moitos libros para adentrarte no fantástico mundo do universo. Estes son algúns deles.





3 oct 2019

BENVIDA CURSO 2019-2020


Benvidos á biblioteca do do IES Valle Inclán. Comezamos o curso 2019-2020.  As portas están abertas, agardámosvos.

1 mar 2019

CARTEL 8 MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

O alumnado de 1º de Bacharelato de Debuxo Artístico coordinado polo seu profesor Isidro Cortizo, e promovido polo equipo de Biblioteca e de EDLG, participou no Concurso do deseño do cartel do día 8 de marzo 2019 "Día internacional da muller" convocado pola Secretaría Xeral de Igualdade e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa. O cartel seleccionado no Centro foi elaborado por Fernando Búa Domínguez de 1º de Bach. D e María Gamallo Martínez, Andrea Gómez Taboada, Laura Otero Jiménez e Claudia Peón Pena de 1º Bach. E.


28 feb 2019

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O pasado venres 22 de febreiro celebramos o día de Rosalía de Castro no Centro baixo o lema "LIBRE O MEU PENSAMENTO". Alumnado de 1º de ESO realizou un acróstico vivo con textos da escritora na biblioteca, alumnado de 4º de ESO púxolle voz ao manifesto da AELG de Ana Romaní, e ademais alumnado de 1º de Bacharelato representou unha manifestación con pancartas que recollían versos de Rosalía relacionados con titulares de prensa actuais. Nos seguintes vídeos podedes ver ditas actividades.




21 feb 2019

CELEBRACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA 24 DE FEBREIRO

Un ano máis celebramos o Día de Rosalía. Nesta ocasión baixo o lema "LIBRE O MEU PENSAMENTO"  homenaxeamos o seu compromiso coa denuncia dos males da sociedade, moitos dos cales están aínda tan vixentes. 
O venres 22, para contribuír a esta homenaxe, leranse textos da escritora na biblioteca así como o manifesto da AELG, e ademais varios alumnos e alumnas levarán a cabo unha pequena representación dunha maniFESTAción con pancartas que recollen versos de Rosalía relacionados con titulares de prensa actuais.

15 feb 2019

CELEBRACIÓN DO DÍA MUNDIAL DA RADIO

O equipo da Biblioteca e o de Dinamización de Lingua Galega aproveitaron para xuntar a celebración do Día escolar pola Paz (30 de xaneiro) no que a UNESCO estableceu como tema "o diálogo, a tolerancia e a paz" coa conmemoración do Día mundial da radio (13 de febreiro), tal como promove a asociación PONTE NAS ONDAS. Para isto o seguinte alumnado leu textos nos que se promoven estas actitudes tal como pode verse no seguinte vídeo.

Alba Pérez, Irene Candeira, Inés Reyes e Marta Grande de 1º ESO D
Altai González, Mario González, Claudia Atrio e Beatriz García de 4º ESO D
Rafael Flores, Óliver Martínez e Gabriel Ovelleiro de 4º ESO C