Buscar neste blog

28 feb 2019

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O pasado venres 22 de febreiro celebramos o día de Rosalía de Castro no Centro baixo o lema "LIBRE O MEU PENSAMENTO". Alumnado de 1º de ESO realizou un acróstico vivo con textos da escritora na biblioteca, alumnado de 4º de ESO púxolle voz ao manifesto da AELG de Ana Romaní, e ademais alumnado de 1º de Bacharelato representou unha manifestación con pancartas que recollían versos de Rosalía relacionados con titulares de prensa actuais. Nos seguintes vídeos podedes ver ditas actividades.




21 feb 2019

CELEBRACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA 24 DE FEBREIRO

Un ano máis celebramos o Día de Rosalía. Nesta ocasión baixo o lema "LIBRE O MEU PENSAMENTO"  homenaxeamos o seu compromiso coa denuncia dos males da sociedade, moitos dos cales están aínda tan vixentes. 
O venres 22, para contribuír a esta homenaxe, leranse textos da escritora na biblioteca así como o manifesto da AELG, e ademais varios alumnos e alumnas levarán a cabo unha pequena representación dunha maniFESTAción con pancartas que recollen versos de Rosalía relacionados con titulares de prensa actuais.

15 feb 2019

CELEBRACIÓN DO DÍA MUNDIAL DA RADIO

O equipo da Biblioteca e o de Dinamización de Lingua Galega aproveitaron para xuntar a celebración do Día escolar pola Paz (30 de xaneiro) no que a UNESCO estableceu como tema "o diálogo, a tolerancia e a paz" coa conmemoración do Día mundial da radio (13 de febreiro), tal como promove a asociación PONTE NAS ONDAS. Para isto o seguinte alumnado leu textos nos que se promoven estas actitudes tal como pode verse no seguinte vídeo.

Alba Pérez, Irene Candeira, Inés Reyes e Marta Grande de 1º ESO D
Altai González, Mario González, Claudia Atrio e Beatriz García de 4º ESO D
Rafael Flores, Óliver Martínez e Gabriel Ovelleiro de 4º ESO C