A semana pasada catro mulleres emigrantes en Suiza, Inglaterra, Brasil e Alemania compartiron as súas vivencias co alumnado de 4º de ESO, quen tamén poido expoñer as súas experiencias familiares relacionadas coa emigración, dando lugar a un debate moi enriquecedor. Esta actividade desenvolvida polo equipo da Biblioteca e o de Dinamización da Lingua Galega tivo como marco o programa "Fálame da emigración" de Afundación. Pincha na imaxe para ver máis fotografías.
No hay comentarios:
Publicar un comentario