A pesar do adiamento do día das letras galegas, desde a biblioteca do centro non queremos deixar pasar a conmemoración. Hai van unhas ligazóns para que vos acheguedes á vida e a obra do homenaxeado deste ano Ricardo Carvalho Calero que naceu en Ferrol en 1910 e faleceu en 1990 en Santiago de Compostela. Sobresaíu como historiador da literatura, crítico literario, filólogo e escritor, e dedicou a súa vida a dignificar o idioma e a cultura galegas.
Buscar neste blog
15 may 2020
GALA DO LIBRO GALEGO
O xurado da quinta edición dos premios da Gala do Libro Galego deu a coñecer as obras e autoras gañadoras nesta convocatoria que, pola situación causada pola pandemia do COVID19, viuse na obriga de ser adiada. A gala do Libro Galego tiña prevista a súa celebración o sábado día 9 de maio. O xurado decidiu manter as deliberacións e dar a coñecer os libros gañadores, adiando a gala para o outono vindeiro en canto as condicións o permitan. Aquí teneis unha ligazón para que coñezades a todos os gañadores.
GALA DO LIBRO GALEGO
9 may 2020
9 DE MAIO DÍA DE EUROPA
Hoxe,
9 de maio, os 27 países da Unión Europea celebran o Día de Europa
2020, unha data que busca promover a transparencia e fomentar o
achegamento entre a Unión Europea e os seus cidadáns.
Desde
1985, os países membros da Unión Europea celebran o Día de Europa
o 9 de maio para conmemorar o discurso que neste mesmo día en 1950
pronunciou Robert Schuman, Ministro de Asuntos Exteriores francés,
para presentar un novo modelo de cooperación política e económica
de Europa, despois da Segunda Guerra Mundial.
Un
discurso que se coñece como a<<Declaración Schuman>>e
que supuxo o xermolo da Comunidade Europea do Aceiro e o Carbón
(CECA) entre, Alemaña, Bélxica, Francia, Italia, Luxemburgo e os
Países Baixos, posterior Comunidade Económica Europea e,
finalmente, a Unión Europea que hoxe coñecemos.
Deixobos
un vídeo para que conozcades a letra do himno da Unión Europea
Suscribirse a:
Entradas (Atom)