Hoxe,
9 de maio, os 27 países da Unión Europea celebran o Día de Europa
2020, unha data que busca promover a transparencia e fomentar o
achegamento entre a Unión Europea e os seus cidadáns.
Desde
1985, os países membros da Unión Europea celebran o Día de Europa
o 9 de maio para conmemorar o discurso que neste mesmo día en 1950
pronunciou Robert Schuman, Ministro de Asuntos Exteriores francés,
para presentar un novo modelo de cooperación política e económica
de Europa, despois da Segunda Guerra Mundial.
Un
discurso que se coñece como a<<Declaración Schuman>>e
que supuxo o xermolo da Comunidade Europea do Aceiro e o Carbón
(CECA) entre, Alemaña, Bélxica, Francia, Italia, Luxemburgo e os
Países Baixos, posterior Comunidade Económica Europea e,
finalmente, a Unión Europea que hoxe coñecemos.
Deixobos
un vídeo para que conozcades a letra do himno da Unión Europea
No hay comentarios:
Publicar un comentario