OLA
A TODOS E TODAS SEGUIMOS RESISTINDO COA MÚSICA.
<<DAVID
BOWIE>>
David
Bowie naceu en Londres, con outro nome que non importa, en 1947 no
seo dunha familia pequenoburguesa. Interesouse de mozo polo jazz e
pola filosofía budista. Nos seus comezos achegouse ao rock desde
unha perspectiva estética. Forma parte de varios grupos e vaise
introducindo nos ambientes hippies de Londres. Con gran inquietude
intelectual, interésase polo teatro e pola mímica, chegando a ter a
súa propia compañía. Isto permítelle converterse nun mestre na
unión de música e imaxe. Deseña o seu propio vestiario e
maquillaxe e anos despois convértese no profeta da <<cool
wave>>. Tamén participa como actor nalgunhas películas.
En
directo, Bowie foi un dos músicos de rock máis elegantes que se
subiron a un escenario. Sempre foi un intérprete magnético e
sedutor. Cos anos consolídase como unha superestrela do rock. Bowie
sempre foi considerado innovador.
O
10 de xaneiro de 2016, dous días despois de cumprir 69 anos, morría
no seu apartamento en Nova York.
No hay comentarios:
Publicar un comentario