OLA A TODOS E TODAS
SEGUIMOS COA MÚSICA PARA QUE O CONFINAMENTO VOS SEXA MÁIS LEVE
HOXE TÓCALLE AOS <<DIRE STRAITS>>
<<Dire Straits>> foi un grupo formado no sur de Londres a finais de 1977, polos irmáns Mark Knopfler (guitarra solista e voz) e David Knopfler (guitarra rítmica), co seu amigo John Illsley ( baixo) e o batería Pick Withers. Despois de pasar unhas cantas penurias, os catro decidiron gravar unha maqueta onde estaba incluído o tema <<Sultans of swings>>.
Esa maqueta chegou a oídos de produtores interesados en novos talentos e o éxito foi inmediato. Nisto tivo moito que ver a forma tan personal de Mark Knofler de tocar a guitarra, xa que beliscaba as cordas como ninguén fixera até ese momento.
Aí comezou a lenda deste grupo. Pouco a pouco Mark Knopfler converteuse nun músico total, nun dos grandes guitarristas do planeta sobre todo co seu estilo característico de tocar o instrumento das seis cordas. E o seu son inconfundible alcanzou a xenios como Bob Dylan, Van Morrison, Phil Lynott ou Steely Dan.
Que disfrutedes deste gran tema!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario