Buscar neste blog

24 oct 2021

III CERTAME DE MICRORRELATOS “BOLBORETAS”






 

1 comentario:

  1. Bases:
    A Biblioteca e o Equipo de Dinamización de Lingua Galega do IES Valle Inclán de Pontevedra convocan o III CERTAME DE MICRORRELATOS “BOLBORETAS” en referencia ao coñecido como <> asasinato das irmáns Mirabel, ocorrido na República Dominicana o 25 de novembro de 1960 o que deu lugar a conmemoración do DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
    Os microrrelatos serán orixinais e inéditos, deberán tratar sobre calquera aspecto relacionado con este tipo de violencia, sen esquecer que se trata de un texto literario, non un manifesto o proclama, estarán escritos en lingua galega e non superarán as 150 palabras.
    Poderán presentarse todos os alumnos e alumnas do IES do IES Valle Inclán que o desexen e haberá dúas categorías, concedéndose un único premio para cada unha, aínda que dependendo da calidade dos textos presentados poderá considerarse a concensión dalgún accésit o mesmo deixalo deserto:
     CATEGORÍA A: Para alumnado da ESO
     CATEGORÍA B: Para alumnado de Bacharelato
    Os microrrelatos enviaranse a dirección de correo electrónico bibliovalle110@gmail.com, ANTES DO 30 DE NOVEMBRO facendo constar no ASUNTO o nome do certame e a categoría.
    Enviaranse dous arquivos no mesmo correo: un co microrrelato, este arquivo identificarase co TÍTULO deste, e non achegarán ningunha información que poida dar a coñecer o autor ou autora. Un segundo arquivo denominado DATOS no que se incluirá o NOME e APELIDOS, CURSO E GRUPO DO mesmo.
    O xurado, formado por membros dos Equipos da Biblioteca e de Dinamización lingüística, concederán dous premios, un por categoría, que consistirá nun E-BOOK.
    A decisión do xurado é inapelábel.
    A organización do certame resérvase o dereito de poder publicar os microrrelatos gañadores na páxina WEB do Centro

    ResponderEliminar