Buscar neste blog

30 abr 2020

DESDE A BIBLIO MÚSICA PARA O CONFINAMENTO



OLA A TODOS E TODAS SEGUIMOS RESISTINDO COA MÚSICA.



<<DAVID BOWIE>> 


David Bowie naceu en Londres, con outro nome que non importa, en 1947 no seo dunha familia pequenoburguesa. Interesouse de mozo polo jazz e pola filosofía budista. Nos seus comezos achegouse ao rock desde unha perspectiva estética. Forma parte de varios grupos e vaise introducindo nos ambientes hippies de Londres. Con gran inquietude intelectual, interésase polo teatro e pola mímica, chegando a ter a súa propia compañía. Isto permítelle converterse nun mestre na unión de música e imaxe. Deseña o seu propio vestiario e maquillaxe e anos despois convértese no profeta da <<cool wave>>. Tamén participa como actor nalgunhas películas.

En directo, Bowie foi un dos músicos de rock máis elegantes que se subiron a un escenario. Sempre foi un intérprete magnético e sedutor. Cos anos consolídase como unha superestrela do rock. Bowie sempre foi considerado innovador.

O 10 de xaneiro de 2016, dous días despois de cumprir 69 anos, morría no seu apartamento en Nova York.




26 abr 2020

DESDE A BIBLIO MÚSICA PARA O CONFINAMENTO




OLA A TODOS E TODAS SEGUIMOS RESISTINDO COA MÚSICA PARA QUE O 
CONFINAMENTO SEXA CADA VEZ MÁIS LEVE.



<<THE WATERBOYS>> 



The Waterboys é unha banda escocesa-inglesa-irlandesa de rock-folk formada en 1983 por Mike Scott. A música deste grupo, sempre pasou desde unha mestura de folk celta até o rock'n'roll pero sempre cun estilo moi persoal outorgado polo talento do seu líder Mike Scott. O son dos Waterboys foi chamado The Big Sound. Este estilo foi descrito por Mike Scott como <<unha metáfora por ver a autoría de Deus no mundo>>.

 A finais dos 80 o son da banda fíxose máis folk aínda que máis tarde volveron ao son rock. As súas cancións, principalmente escritas por Scott, a miúdo tratan de referencias literarias relacionadas coa espiritualidade (Mike Scott estudou literatura inglesa e filosofía). The Waterboys sempre fixo un rock espazoso con imaxes poéticas entre a serenidade e a énfase.






23 abr 2020

23 DE ABRIL DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO





#aculturasegue








A pesar do confinamento que estamos a vivir, a cultura segue. Por iso, en conmemoración do día internacional do libro, a biblio do Valle, este ano aposta pola banda deseñada. Velaí van unha serie de enlaces para que todos e todas poidades disfrutar dunha gran cantidade de cómics, para esquecer por un rato o tedioso  traballo diario que estades a facer.


Selección de almanaques da revista de cómic TBO que se publicou entre 1917 e 1998 e onde aparecen aventuras da maioría dos seus personaxes.


O Dixital Cómic Museum ofrécenos unha recompilación de máis de 15.000 cómics gratis e libres de dominio público. Subidos por coleccionistas, investigadores e afeccionados que os han escaneado a gran calidade.


<<Con W de Wolframio>> é un divertidisimo cómic de Mortadelo e Filemón con 56 páxinas e totalmente gratis.


20 abr 2020

DESDE A BIBLIO MÚSICA PARA O CONFINAMENTO


OLA A TODOS E TODAS SEGUIMOS RESISTINDO COA MÚSICA PARA QUE O 
CONFINAMENTO SEXA MÁIS LEVE.


<<LINKIN PARK>> 



Linkin Park é unha banda estadounidense de rock alternativo formada en 1996. Ata que se incorporou como vocalista Chester Bennington non tiveron ningún éxito. A partir de aí no ano 2000 co disco <<Hybrid Theory>> e con temas como <<In the end>> alcanzaron gran éxito. Os Linkin Park, son un dos grandes grupos do <<rap metal>> e do <<metal alternativo>> utilizando programadores e sintetizadores. O uso de dous tipos de canto, con dous cantantes, fixo característica a música da agrupación. Linkin Park caracterizouse desde os seus inicios por interpretar nas súas cancións diversos temas que abarcan diferentes aspectos desde o persoal até o social. O 20 de xullo de 2017, Chester Bennington morría traxicamente.
Hoxe os <<Linkin...>> viaxan por separado.




17 abr 2020

DESDE A BIBLIO MÚSICA PARA O CONFINAMENTO

OLA A TODOS E TODAS
 SEGUIMOS COA MÚSICA PARA QUE O CONFINAMENTO VOS SEXA MÁIS LEVE

HOXE TÓCALLE AOS <<DIRE STRAITS>>

 <<Dire Straits>> foi un grupo formado no sur de Londres a finais de 1977, polos irmáns Mark Knopfler (guitarra solista e voz) e David Knopfler (guitarra rítmica), co seu amigo John Illsley ( baixo) e o batería Pick Withers. Despois de pasar unhas cantas penurias, os catro decidiron gravar unha maqueta onde estaba incluído o tema <<Sultans of swings>>.

Esa maqueta chegou a oídos de produtores interesados en novos talentos e o éxito foi inmediato. Nisto tivo moito que ver a forma tan personal de Mark Knofler de tocar a guitarra, xa que beliscaba as cordas como ninguén fixera até ese momento.

Aí comezou a lenda deste grupo. Pouco a pouco Mark Knopfler converteuse nun músico total, nun dos grandes guitarristas do planeta sobre todo co seu estilo característico de tocar o instrumento das seis cordas. E o seu son inconfundible alcanzou a xenios como Bob Dylan, Van Morrison, Phil Lynott ou Steely Dan.

Que disfrutedes deste gran tema!!!






14 abr 2020

DESDE A BIBLIO MÚSICA PARA O CONFINAMENTO


A biblioteca do Valle convídavos a desfrutar deste músico que fará que vos sintades un pouco máis felices nos peores momentos deste confinamento. Este é o primeiro dunha serie de grandes clásicos do Rock and Roll  que iredes escoitando aos poucos. Come on Eric!!! 






PELÍCULAS E SERIES EN GALEGO


Ola a todos e todas. A biblioteca do Valle non se rinde e sigue en pé. Aquí vai un enlace para que poidades ver e desfrutar en streaming, dunhas cantas películas e series en galego, para que vexades que aquí en Galicia tamén se fai bo cine.



Balea Cultural

 http://balea.gal/cinema-e-tv/10-series-e-peliculas-en-galego-para-ver-en-streaming/

7 abr 2020

A BIBLIO DO VALLE SEGUE FUNCIONANDO ON-LINE

Ola a tod@s:
Ao longo destes días seguimos en contacto con vós no blog da biblioteca. Hoxe presentamos aquí dúas ligazóns moi interesantes e que vos poden axudar a levar mellor o confinamento.

1. A plataforma GaliciaLe, que ofrece máis de 4.500 títulos de libros, revistas ou películas e visitas virtuais a museos. Pincha na ligazón para ver a información.

2. Outra ligazón na que tedes audiolibros, ebooks e podcasts gratis durante 30 días en castelán e Inglés.

Unha aperta e boa lectura.