Buscar neste blog
25 nov 2020
19 nov 2020
28 oct 2020
PROTOCOLO PARA O USO E SOLICITUDE DE LIBROS DA BIBLIOTECA DO IES VALLE INCLÁN
Pica na ligazón para ver o protocolo de utilización da biblioteca do IES Valle Inclán no curso 2020-2021, a principal novidade é que a solicitude dos libros realizarase cubrindo o formulario que está a disposición do alumnado na parte superior dereita da páxina web do Centro e no blog da biblioteca ao que se accede picando na imaxe do apartado de SOLICITUDE DE LIBROS DA BIBLIOTECA.
15 may 2020
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020
A pesar do adiamento do día das letras galegas, desde a biblioteca do centro non queremos deixar pasar a conmemoración. Hai van unhas ligazóns para que vos acheguedes á vida e a obra do homenaxeado deste ano Ricardo Carvalho Calero que naceu en Ferrol en 1910 e faleceu en 1990 en Santiago de Compostela. Sobresaíu como historiador da literatura, crítico literario, filólogo e escritor, e dedicou a súa vida a dignificar o idioma e a cultura galegas.
GALA DO LIBRO GALEGO
O xurado da quinta edición dos premios da Gala do Libro Galego deu a coñecer as obras e autoras gañadoras nesta convocatoria que, pola situación causada pola pandemia do COVID19, viuse na obriga de ser adiada. A gala do Libro Galego tiña prevista a súa celebración o sábado día 9 de maio. O xurado decidiu manter as deliberacións e dar a coñecer os libros gañadores, adiando a gala para o outono vindeiro en canto as condicións o permitan. Aquí teneis unha ligazón para que coñezades a todos os gañadores.
GALA DO LIBRO GALEGO
9 may 2020
9 DE MAIO DÍA DE EUROPA
Hoxe,
9 de maio, os 27 países da Unión Europea celebran o Día de Europa
2020, unha data que busca promover a transparencia e fomentar o
achegamento entre a Unión Europea e os seus cidadáns.
Desde
1985, os países membros da Unión Europea celebran o Día de Europa
o 9 de maio para conmemorar o discurso que neste mesmo día en 1950
pronunciou Robert Schuman, Ministro de Asuntos Exteriores francés,
para presentar un novo modelo de cooperación política e económica
de Europa, despois da Segunda Guerra Mundial.
Un
discurso que se coñece como a<<Declaración Schuman>>e
que supuxo o xermolo da Comunidade Europea do Aceiro e o Carbón
(CECA) entre, Alemaña, Bélxica, Francia, Italia, Luxemburgo e os
Países Baixos, posterior Comunidade Económica Europea e,
finalmente, a Unión Europea que hoxe coñecemos.
Deixobos
un vídeo para que conozcades a letra do himno da Unión Europea
30 abr 2020
DESDE A BIBLIO MÚSICA PARA O CONFINAMENTO
OLA
A TODOS E TODAS SEGUIMOS RESISTINDO COA MÚSICA.
<<DAVID
BOWIE>>
David
Bowie naceu en Londres, con outro nome que non importa, en 1947 no
seo dunha familia pequenoburguesa. Interesouse de mozo polo jazz e
pola filosofía budista. Nos seus comezos achegouse ao rock desde
unha perspectiva estética. Forma parte de varios grupos e vaise
introducindo nos ambientes hippies de Londres. Con gran inquietude
intelectual, interésase polo teatro e pola mímica, chegando a ter a
súa propia compañía. Isto permítelle converterse nun mestre na
unión de música e imaxe. Deseña o seu propio vestiario e
maquillaxe e anos despois convértese no profeta da <<cool
wave>>. Tamén participa como actor nalgunhas películas.
En
directo, Bowie foi un dos músicos de rock máis elegantes que se
subiron a un escenario. Sempre foi un intérprete magnético e
sedutor. Cos anos consolídase como unha superestrela do rock. Bowie
sempre foi considerado innovador.
O
10 de xaneiro de 2016, dous días despois de cumprir 69 anos, morría
no seu apartamento en Nova York.
26 abr 2020
DESDE A BIBLIO MÚSICA PARA O CONFINAMENTO
OLA
A TODOS E TODAS SEGUIMOS RESISTINDO COA MÚSICA PARA QUE O
CONFINAMENTO
SEXA CADA VEZ MÁIS LEVE.
<<THE
WATERBOYS>>
The
Waterboys é unha banda escocesa-inglesa-irlandesa de rock-folk
formada en 1983 por Mike Scott. A música deste grupo, sempre pasou
desde unha mestura de folk celta até o rock'n'roll pero sempre cun
estilo moi persoal outorgado polo talento do seu líder Mike Scott. O
son dos Waterboys foi chamado The Big Sound. Este estilo foi descrito
por Mike Scott como <<unha metáfora por ver a autoría de Deus
no mundo>>.
A
finais dos 80 o son da banda fíxose máis folk aínda que máis
tarde volveron ao son rock. As súas cancións, principalmente
escritas por Scott, a miúdo tratan de referencias literarias
relacionadas coa espiritualidade (Mike Scott estudou literatura
inglesa e filosofía). The Waterboys sempre fixo un rock espazoso con
imaxes poéticas entre a serenidade e a énfase.
23 abr 2020
23 DE ABRIL DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO
#aculturasegue
A pesar do confinamento que estamos a vivir, a cultura segue. Por iso, en conmemoración do día internacional do libro, a biblio do Valle, este ano aposta pola banda deseñada. Velaí van unha serie de enlaces para que todos e todas poidades disfrutar dunha gran cantidade de cómics, para esquecer por un rato o tedioso traballo diario que estades a facer.
Selección de almanaques da revista de cómic TBO que se publicou entre 1917 e 1998 e onde aparecen aventuras da maioría dos seus personaxes.
O Dixital Cómic Museum ofrécenos unha recompilación de máis de 15.000 cómics gratis e libres de dominio público. Subidos por coleccionistas, investigadores e afeccionados que os han escaneado a gran calidade.
<<Con W de Wolframio>> é un divertidisimo cómic de Mortadelo e Filemón con 56 páxinas e totalmente gratis.
20 abr 2020
DESDE A BIBLIO MÚSICA PARA O CONFINAMENTO
OLA
A TODOS E TODAS SEGUIMOS RESISTINDO COA MÚSICA PARA QUE O
CONFINAMENTO
SEXA MÁIS LEVE.
<<LINKIN PARK>>
Linkin Park é unha banda estadounidense de rock alternativo formada en 1996. Ata
que se incorporou como vocalista Chester Bennington non tiveron
ningún éxito. A partir de aí no ano 2000 co disco <<Hybrid
Theory>> e con temas como <<In the end>>
alcanzaron gran éxito. Os Linkin Park, son un dos grandes grupos do
<<rap metal>> e do <<metal alternativo>>
utilizando programadores e sintetizadores. O uso de dous tipos de
canto, con dous cantantes, fixo característica a música da
agrupación. Linkin Park caracterizouse desde os seus inicios por
interpretar nas súas cancións diversos temas que abarcan diferentes
aspectos desde o persoal até o social. O 20 de xullo de 2017,
Chester Bennington morría traxicamente.
Hoxe
os <<Linkin...>> viaxan por separado.
17 abr 2020
DESDE A BIBLIO MÚSICA PARA O CONFINAMENTO
OLA A TODOS E TODAS
SEGUIMOS COA MÚSICA PARA QUE O CONFINAMENTO VOS SEXA MÁIS LEVE
HOXE TÓCALLE AOS <<DIRE STRAITS>>
<<Dire Straits>> foi un grupo formado no sur de Londres a finais de 1977, polos irmáns Mark Knopfler (guitarra solista e voz) e David Knopfler (guitarra rítmica), co seu amigo John Illsley ( baixo) e o batería Pick Withers. Despois de pasar unhas cantas penurias, os catro decidiron gravar unha maqueta onde estaba incluído o tema <<Sultans of swings>>.
Esa maqueta chegou a oídos de produtores interesados en novos talentos e o éxito foi inmediato. Nisto tivo moito que ver a forma tan personal de Mark Knofler de tocar a guitarra, xa que beliscaba as cordas como ninguén fixera até ese momento.
Aí comezou a lenda deste grupo. Pouco a pouco Mark Knopfler converteuse nun músico total, nun dos grandes guitarristas do planeta sobre todo co seu estilo característico de tocar o instrumento das seis cordas. E o seu son inconfundible alcanzou a xenios como Bob Dylan, Van Morrison, Phil Lynott ou Steely Dan.
Que disfrutedes deste gran tema!!!
14 abr 2020
DESDE A BIBLIO MÚSICA PARA O CONFINAMENTO
A biblioteca do
Valle convídavos a desfrutar deste músico que fará que vos sintades un pouco máis
felices nos peores momentos deste confinamento. Este é o primeiro dunha serie
de grandes clásicos do Rock and Roll que
iredes escoitando aos poucos. Come on Eric!!!
PELÍCULAS E SERIES EN GALEGO
Ola a todos e
todas. A biblioteca do Valle non se rinde e sigue en pé. Aquí vai un enlace para que poidades
ver e desfrutar en streaming, dunhas cantas películas e series en galego, para
que vexades que aquí en Galicia tamén se fai bo cine.
Balea Cultural
http://balea.gal/cinema-e-tv/10-series-e-peliculas-en-galego-para-ver-en-streaming/
7 abr 2020
A BIBLIO DO VALLE SEGUE FUNCIONANDO ON-LINE
Ola a tod@s:
Ao longo destes días seguimos en contacto con vós no blog da biblioteca. Hoxe presentamos aquí dúas ligazóns moi interesantes e que vos poden axudar a levar mellor o confinamento.
Ao longo destes días seguimos en contacto con vós no blog da biblioteca. Hoxe presentamos aquí dúas ligazóns moi interesantes e que vos poden axudar a levar mellor o confinamento.
1. A plataforma GaliciaLe, que ofrece máis de 4.500 títulos de libros, revistas ou películas e visitas virtuais a museos. Pincha na ligazón para ver a información.
2. Outra ligazón na que tedes audiolibros, ebooks e podcasts gratis durante 30 días en castelán e Inglés.
Unha aperta e boa lectura.
12 mar 2020
VÍDEO 8M DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
O equipo da Biblioteca e o de Dinamización Lingüística do IES Valle Inclán realizaron este vídeo con alumnado de 4º de ESO e 1º e 2º de Bacharelato para conmemorar o 8M, día Internacional da Muller.
3 mar 2020
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2020 "ERRANTES POLO MUNDO"
O pasado luns 24 de febreiro celebrouse o día de Rosalía de Castro, para conmemorar esta data o alumnado do Centro realizou unha actividade voluntaria coordinada polos Equipos de Biblioteca e de Dinamización Lingüística que consistiu en facer visible o problema da inmigración co lema "Errantes polo mundo", frase presente no seu poemario "Follas Novas". Pincha na imaxe para ver todas as fotografías.
27 feb 2020
FÁLAME DA EMIGRACIÓN
A semana pasada catro mulleres emigrantes en Suiza, Inglaterra, Brasil e Alemania compartiron as súas vivencias co alumnado de 4º de ESO, quen tamén poido expoñer as súas experiencias familiares relacionadas coa emigración, dando lugar a un debate moi enriquecedor. Esta actividade desenvolvida polo equipo da Biblioteca e o de Dinamización da Lingua Galega tivo como marco o programa "Fálame da emigración" de Afundación. Pincha na imaxe para ver máis fotografías.
4 feb 2020
IGUALDADE BIBLIO IES VALLE INCLÁN
A Consellería de Educación da Xunta de Galicia enviou fondos ás bibliotecas escolares para mercar libros relacionados con Igualdade. Pinchando na seguinte fotografía podes ver algúns dos novos libros adquiridos con esta partida.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)